martes, 20 de noviembre de 2012

Comeza unha nova sección: Animais para ver

                     Animais para ver 

Hoxe comezamos a nova sección deste blogue, na que se descubriran algúns animais raros ou polo menos diferente para inaugurala comezamos coa toupa de nariz estrelada e o lagarto voador.
Lagarto Voador:
Mide case un metro de longo e o seu color varia dende o verde ata o laranxa oscuro. Todos os colores pertencen a mesma especie, a variación e para adaptarse á vexetación local. Este lagarto  Ten un abano de espiñas cartilaxinosas ao redor da cabeza e soporta un alerón de pé. As espiñas están conectadas á base da lingua de maneira que se extendan cando o lagarto abra a boca. Faino para asustar aos depredadores e como señal de cortexo. É o único lagarto que se equilobra ben en dúas patas; os demais corren en duas patas pero caen se deceleran.

Toupa de nariz estrelado.
A toupa de nariz estrelado e o mamífero que come máis rápido. Tarda menos dunha quinta parte de segundo en identificar se algo é comestible e tragalo. O segredo está no anel de 22 tentáculos que ten no nariz. Están cubertos de 25.000 receptores ultra sensibles ao tacto chamados órganos de Eimer. A toupa traballa na escuridade dos túneles ou baixo a auga, pero distingue as larvas comestibles dunha pedra ou dunha concha baleira en 17 milésimas de segundo. Tal velócidade fai que o cerebro traballe ao límite físico das fibras nerviosas. Usa a sua habilidade para comer insectos e crustáceos tan pequenos que non merecen a pena para alguén que coma máis despacio. Tamén é un excelente nadador, mantén unha rede de túneles fluviales de hasta 270m.



No hay comentarios:

Publicar un comentario